VOCABULARIO

As palabras con asterisco teñen entrada propia nos dicionarios, e as escritas en cursiva non lle achei a acepción ao traducir, pero estimei que poderían quedar recollidas baixo este aviso.
A bandeira:
Texto con marxe só pola dereita.
A sangue:
Cando o impreso chega a borda da folla.
Aglutinante:
Sustancia que se mestura co pigmento* e que determina o tipo de pintura de que se trata. Por exemplo se o aglutinante é aceite de linaza a pintura será óleo; se é goma arábiga será acuarela.
Apincarrado:
Técnica que consiste en colorear por puntos.
Apuntamento:
Debuxo rápido dun modelo en movemento ou dunha idea a desenvolver.
Augaforte:
Procedemento de gravado* indirecto en oco, polo que se morde nun baño* unha prancha previamente reservada*.
Auguento:
Produto usado para pintar, facer un molde* ou calquera outra cousa que ten auga entre os seus compoñentes.
Arte abstracta:
Xeralmente trátase da produción artística que insiste, e/ou ignora algún aspecto da realidade.
Arte figurativa:
Produción artística que representa a realidade, pero non necesariamente imitando os esquemas, nin as proporcións da percepción.
Arte non obxectiva:
Produción artística que non busca a representación da realidade como nós a percibimos.
Arte Realista:
Produción artística que busca representar a realidade como nós a percibimos, tamén se chama naturalista.
Baño:
Líquido onde mergullar a prancha de gravado. Pode ser ácido ou non. Na fotografía analóxica cada un dos líquidos onde se mergullan os papeis impresionados para o seu revelado.
Barbotina:
Barro moi líquido que se usa para pegar durante o modelado*.
Broñir:
Aplanar por presión unha superficie.
Buril:
Ferramenta para gravar metal que fai un suco de groso variable. Tamén chamado baril.
Calidade:
Característica propia dunha textura concreta.
Carácter:
Cada unha das letras dun texto.
Chafrán:
Ángulo ou inclinación nun borde, por exemplo nunha matriz* de gravado para que a presión da prensa* non corte o papel.
Claroscuro
Imaxe onde as luces e as sombras teñen destacado protagonismo.
Capitular:
Letra que encabeza un texto.
Colaxe:
Técnica que consiste en pegar elementos a unha superficie.
Composición:
Disposición que teñen os distintos elementos que conforman unha obra, e a relación que se establece entre eles.
Contorno:
Liñas ou espazos que delimitan un elemento plástico.
Cor primaria:
Cor que non se pode obter por mestura.
Cor secundaria:
Cor composta pola mestura de dúas primarias.
Cores complementarias:
No círculo cromático, as que están enfronte. Cada unha ten o que lle falta á outra para a mestura de todas as cores. Por exemplo o cian é complementario do laranxa feito a partes iguais entre o maxenta e o amarelo.
Creatividade:
Capacidade de dar novas visións e solucións a unha situación.
Cuadrícula:
Conxunto de liñas verticais e horizontais dispostas de xeito regular, que se usan, normalmente, para establecer relacións entre as partes dun modelo.
Degradado:
Cambio progresivo na intensidade dunha cor ou unha textura*.
Eixe central:
Liña vertical imaxinaria que divide un modelo en partes iguais e serve para establecer relacións entre elas.
Empeno:
Deformación dunha superficie lisa por aplicarlle auga, calor ou outro axente que a deforme.
Enmascaramento:
Acción de tapar unha parte do soporte para preservalo dunha capa de pintura, ou outra intervención; pódese facer de moi diferentes xeitos.
Entesar:
Endurecer unha peza tridimensional ao secar.
Escorzo:
Proxección cara o espectador dunha parte do motivo representado, por exemplo un brazo estendido cara adiante.
Esfumino:
Rolo de papel moi apertado que se usa para estender ou mesturar carbón, xiz, pastel…
Espazo negativo:
Zona que rodea unha parte da obra.
Estampar:
Transferir unha imaxe desde a matriz* ao papel ou outro soporte.
Expresividade:
Particularidade propia de cada autor/a no aspecto formal das súas obras e que pode depender da intención, de calidades físicas ou dos materiais e a súa disposición.
Fixador:
Verniz pulverizado para que os debuxos a carbón, e similares, que se estragarían con roces na superficie ou movementos bruscos, se manteñan inalterables.
Formato:
Proporción do soporte no que se realiza a obra.
Frottage:
Técnica que consiste en rascar cun lapis o papel tendo unha textura debaixo, así, ao ir cambiando de textura pódese ir facendo unha composición.
Gramaxe:
Peso do papel que condiciona o groso.
Gran:
Textura propia dun soporte, sobre todo no caso do papel.
Iconografía:
Significado das imaxes.
Iconoloxía:
Estudo das variables no significado das imaxes.
Intervención:
Acción con interese estético sobre un obxecto calquera.
Logotipo:
Imaxe que identifica unha marca comercial, pode ir acompañada de texto.
Liña:
O que conforma un debuxo, ao poderse facer liñas con moi diversos materiais, duros e brandos, a súa expresividade pode ser moi variada.
Maqueta:
Disposición de follas, textos e imaxes para unha publicación.
Modelo a escala dun proxecto tridimensional.
Matriz:
Prancha na que se practicou un deseño para ser entintado e estampado*, normalmente sobre un papel.
Modelar:
Dar forma a unha pasta.
Molde:
Peza que recobre toda a superficie doutra e que permite repetila igual.
Moldar:
Facer unha copia dunha peza usando un molde.
Monotipo:
Imaxe feita por procedementos de impresión pero non reproducida, da que só hai un exemplar.
Mordente:
Baño* no que se mergulle a prancha* para elaborar a matriz*.
Ocar:
Retirar material dunha peza para modelala.
Oleoso:
Que ten aceite entre os seus compoñentes.
Pigmento:
Po de cor que mesturado co aglutinante forma a pintura. O pigmento determina de que color se trata.
Patrón:
Recorte de moi diversos tipos de material para transferir un deseño dun lugar a outro.
Plano do debuxo:
Lugar, imaxinario ou real, entre o modelo e o espectador, onde se representa o modelo.
Prensa:
Máquina vertical ou de rolos que se usa para estampar*.
Reddy-made:
Obxecto industrial sen alterar declarado obra de arte polo artista.
Rebabadura:
Sobrante que sobresae onde se xuntan as partes dun molde.
O que se levanta da matriz de gravado cando se rasca cunha punta.
Reserva:
Protección fronte o mordente nunha prancha de gravado.
Protección fronte a acuarela nun papel.
Resolución:
Nivel de fiabilidade dunha representación con respecto ao modelo.
Rexistro:
Marca en imprenta que serve para que as diferentes cores que compoñen unha imaxe, estean, cada unha, no seu lugar exacto.
Saturación:
Refírese ao grao de pureza dunha cor.
Sobreimpresión:
Segundas impresións sobre un soporte xa traballado.
Sombra:
Zona do debuxo sen luz por interrupción dun corpo. A sombra propia está no mesmo corpo, a sombra arroxada prodúcea un corpo e aparece noutra superficie.
Terracota
Peza de barro cocido a pouca temperatura (900 -1.000 ºC).
Textura táctil:
Estrutura que conforma unha superficie.
Textura visual:
Ilusión de textura táctil sobre unha superficie plana.
Tipo:
Característica formal da letra que se imprime.
Ton:
Distingue unha cor doutra polo nome. É o valor cromático, condicionado pola lonxitude de onda.
Trama:
Liñas cruzadas que forman unha textura para representar degradados de luz ou calidades dunha superficie.
Trencha:
Instrumento cortante en forma de U ou V para traballar na Madeira. Úsase en escultura, modelado e gravado principalmente.
Trompe-Lóeil:
Efecto en pintura que busca representar un efecto tridimensional.
Valor:
Refírese ao grao de luminosidade dunha cor concreta.